Palmeira vestirase de gala os días 24 e 25 de agosto coa súa tradicional Festa do Polbo. Con esta van xa dez edicións da degustación deste animal tan característico da localidade ribeirense.
Miles de persoas pasarán por Palmeira nestes dous días para probar o polbo. A cantidade aínda non está confirmada, pero estímase que rondará os 200 ou 300 quilos.
Trátase dunha festa consolidada que acumula dez edicións, e que se suma a moitas outras degustacións que hai no concello de Ribeira.