A DXT ACTIVA A OPERACIÓN SAÍDA DA PONTE DE AGOSTO

Como cada 15 de agosto a DXT pon en marcha unha nova operación saída para a ponte da fin de semana.

Espérase que nela traballen máis de 800 gardas civís en preto de 1500 dispositivos por toda Galicia.

Os puntos de maior carga de tráfico serán os accesos ás cidades, especialmente a Vigo e A Coruña. Na contorna do Barbanza será a autovía AG 11 a que sufra máis retencións, sobre todo no acceso dende Padrón, que acumulará o tráfico procedente de Santiago e arredores.

As horas máis concurridas nas estradas son a tarde de hoxe, ata as once da noite aproximadamente, a xornada de mañá, ao ser día festivo, e a tarde do domingo, na que comeza a operación retorno.

Salir de la versión móvil