Entrar no mercado municipal de Boiro e toparte de cheo cunha gran cantidade de xente facendo as súas compras. Esta é a realidade que se está a vivir este verán no lugar, un incremento da afluencia de compradores que o sector celebra. Un dos produtos que máis se buscan no día a día son todos os que proveñen do mar.