O home de 52 e veciño de Ribeira resultou ferido grave nun accidente ocorrido contra a unha da tarde de onte no lugar da Graña, na parroquia ribeirense de Carreira.
Foi na estrada provincial DP 7306 nunha colisión entre un motorista e un motocultor. O condutor deste último resultou ferido leve. O piloto saiu despedido e, aínda que ata o lugar acoderon os equipos de emerxencia, optaron por mobilizar un helicóptero medicalizado. De feito, tivo que ser intubado polos sanitarios deste helicóptero.
A estrada tivo que ser cortada preto dunha hora para retirar os restos e asistir ao ferido. Ata o lugar achegáronse tamén efectivos de Policía Local de Ribeira e Bombeiros da vila.