Unha columna de fume atraeu onte pola tarde as miradas de ribeirenses e pobrenses. O primeiro lume forestal deste verán fixo acto de presenza pero grazas á rápida actuación dos corpos de extinción puido controlarse e apagarse antes de que se extendera.