O Servizo Marítmo Provincial decomisou hoxe 14 mil 867 quilos de sardiña no porto de Ribeira. Foi durante un control rutinario cando a unidade da Garda Civil inspeccionou un camión que entraba nas instalacións cargando 31 palés deste animal.
Durante a revisión atopáronse diferencias entre a documentación presentada e a mercanía real transportada. Unha vez pesada e verificada a carga, constatáronse 14,8 toneladas de sardiña, que carecían de trazabilidade requerida pola normativa.
Agora os implicados enfróntanse a presuntas infraccións polo inclumento da Lei de Pesca de Galicia.