O remo de alto nivel afronta unha semana máis con parada no País Vasco. Hondarribia e Pasaia acollen probas das ligas Euskolabel e Euskotren.
A primeira delas será a faminina, a XVI Txingudiko Bandera, que arrancará ás 17 e 25 da tarde. O rival a bater, Donostia Arraun Lagunak, primeiras na clasificación cunha diferencia de 23 puntos sobre as segundas. Cabo de Cruz buscará escalar posicións. Actualmente está na sétima praza.
A proba masculina principiará ás seis e 21 da tarde. Bermeo Urdaibai defenderá a primeira posición. Cabo de Cruz, que ocupan o noveno posto, buscará mellorar esta marca.
O domingo ambas ligas terán a competición na localidade vasca de Pasaia.
E xa en Galicia, a Liga Galega de Traiñeiras visita Ares e Oleiros esta fin de semana. A liga A para en Ares co club da vila como punta de lanza no alto da clasificación. Rianxo parte da quinta praza e Cabo de Cruz, da décimo primeira.
A Liga B desputará a XXIII Bandeira Concello de Oleiros a partir das cinco e media da tarde do sábado. Cedeira ocupa a primeira posición, co Club de Remo Puebla só un punto por detrás. A Liga Feminina tamén se desputará en Ares. A IX Bandeira dese municipio terá como protagonistas a Chapela, que defenderá o liderado. Rianxo sairá da quinta posición e Cabo de Cruz da sexta.