Un dos proxectos que está a piques de comezar en Ribeira é a construción do edificio de deportes náuticos, que será tamén a sede do club de remo local. Estaba previsto que as obras comezaran no porto de Aguiño hai unhas semanas pero no proceso de cimentación atopáronse unha serie de imprevistos.