A conselleira de Política Social visitou hoxe aos nenos do campamento de verán de Noia. Nel hai máis de 700 cativos e forma parte do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia.
O goberno autonómico destina 80 mil euros para impulsar estas iniciativas que fomentan a conciliación de 600 familias na vila.