Bota a andar unha nova edición do concurso de relatos #HoxEscriboEn. A Deputación pretende fomentar o talento creativo literario, o patrimonio dos concellos e o turismo de proximidade.
A proposta ofrece premio de estancias rurais aos autores dos mellores microrrelatos que deben estar relacionaod con algún dos 93 concellos da provincia.
As obras poden estar escritas en galego ou castelán, pero deben ser inéditas e non ter sido presentadas en ningún outro concurso.
A extensión do texto non deberá superar as 500 palabras, estar escrito a dobre espazo con letra Times New Roman tamaño 12 e presentarse en formato DIN A4 a unha soa cara.