Apenas acaban de rematar as festas de Ribeira e xa está activada a conta atrás para unha nova cita: a Feira Artesanal e Mariñeira, Artemar. Este ano desenvolverase do 15 ao 18 de agosto e conta cunha ampla programación, ademais o concello vén de anunciar que haberá un novo concurso de Decoración de establecementos.