O Noia Portus Apostoli B comeza a pretemporada dun ano que será histórico ao ser o debut na Segunda División B.
Os rapaces de Guille Murillo estaban citados este luns para o primeiro adestramento. Un total de 17 efectivos que conta con ata 7 incorporacións. A única ausencia foi a do gardarredes andorrano Theo.
Os noieses xa coñecen o seu calendario. O primeiro partido será na casa fronte ao IES Coruxo Futbol Sala. Despedirán a competición no Agustín Mourís tamén ante o Grupo Forma-t Vilalba.