No verán é habitual achegarse á praia nalgún punto da comarca e atoparse con autocaravanas estacionadas preto. Isto sucede en Rianxo, concello que está a atraer a un gran número de turistas que chegan neste tipo de vehículos para os que non hai un espazo definido no municipio.