O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por un novo sistema de financiamento que conte cunha peza separada sobre o gasto sanitario. “Un pacto en financiamento das comunidades que non teña unha peza separada sobre o financiamento do gasto sanitario será un pacto coxo, que en poucos anos quedará inservible”, aseverou, incidindo en que o financiamento sanitario supón, na actualidade, o 42% do orzamento de cada autonomía, coa previsión de que en dous ou tres anos chegue ao 50% do gasto.
https://www.youtube.com/watch?v=NakPR8UYjEY