A GARDA CIVIL DESACTIVA UNHA GRANADA DE MORTEIRO E NOVE FOGUETE ANTI GRANIZO EN NOIA

A Garda Civil de Noia xunto co equipo de Técnicos Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos desactivou unha granada de morteiro e nove foguetes anti granizo.
06082024 03 ARTEFACTOS EXPLOSIVOS NOIA
Foi o propietario da vivenda quen avisou ás forzas da orde. Durante unha limpeza no faiado da casa do seu avó atopou estes artefactos correspondentes á Guerra Civil.

Todos estes elementos foron trasladados a unha canteira próxima e desactivados alí por seguridade.

A Garda Civil fai un chamamento aos cidadáns que posúan ou atopen estes elementos para que non os manipulen e avisen ás forzas de seguridade o antes posible.

Salir de la versión móvil