Noia prepárase para unha edición máis da Concentración Moteira, que se celebrará por decimoquinta vez. Espéranse preto de 3 mil vehículos na vila entre os días 9, 10 e 11 deste mes.
O número de inscritos aínda así será dun máximo de 300 para un evento referente en Galicia, e que, en palabras da organización, está só superado pola concentración de Sanxenxo.