O verán é sinónimo de exaltacións gastronómicas e Aguiño volveu a ser o epicentro coa celebración da Festa da Navalla. É o segundo ano que a organiza a actual comisión de Festas de Aguiño e dende primeira hora da mañá estaba todo listo para que os asistentes puideran degustar as racións deste bivalvo tan característico.