Baixo o nome de “Unha estampa de Ribeira a comezos do século XX” o Museo Gravado de Artes inaugura unha exposición que percorre a memoria fotográfica da vila entre os anos 1900 e 1930.
Os documentos pertencen a Manuel Cores, fotógrafo afeccionado da época, que deixou como herencia unha colección de imaxes que reflexan a Ribeira e aos habitantes da época.
Esta colección rescatouna o seu neto, Daniel Bravo Cores, que revelou os negativos en cristal para ensinarllos a toda a vila.
Na presentación da exposición o alcalde de Ribeira destacou a importancia de divulgar este material de tanta importancia histórica.