Deportes

ANA PELETEIRO QUEDA FÓRA DO PODIO E REMATA SEXTA NO TRIPLO SALTO EN PARÍS

Ana Peleteiro firma unha sexta posición nos Xogos Olímpicos. Os 14,59 metros na final non lle valeron para rematar entre as tres primeiras no triplo salto.

Tan só oito centímetros separaron á ribeirense do bronce olímpico. Peleteiro chegaba como unha das aspirantes ao ouro logo da ausencia de Yulimar Rojas, a vencedora en Tokyo.

Foi a dominiquesa Thea Lafond, con 15 metros e 2 centímetros, a que rematou en primeira posición. A xamaicana Shanieka Ricketts e a estadounidense Jasmine Moore completaron o podio.

A campioa de Europa e bronce nos pasados Xogos finalizou en sexta posición o que lle outorga un máis que merecido diploma olímpico.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.