O CD BOIRO CAE NOS PENALTIS FRONTE AO COMPOSTELA NO MEMORIAL CARLOS MUÑIZ

O Boiro comeza a pretemporada perdendo ante a SD Compostela. A pesar da derrota, amosaron un bo nivel ante un rival superior sobre o papel de cara á nova campaña na Terceira RFEF.
05082024 13 BOIRO COMPOS AMISTOSO

A trixésima edición do Memorial Carlos Muñiz serviu aos de Barraña para probarse e ilusionar á afección coas boas sensacións do equipo.

A acción comezou na segunda metade, cando o Boiro se adiantou no minuto 59 cun gol dende os once metros de Sylla. Cinco minutos despois, o Compos fixo o propio cun tanto de Pablo Antas.

O 1-1 mantívose ata o final do encontro, dando paso aos penaltis. O Boiro errou o primeiro lanzamento e o porteiro compostelán atallou o segundo. O Compostela meteu os catro, levando así o partido e o trofeo.

Salir de la versión móvil