Son moitas embarcacións as autorizadas, pero pequenas e con escasa capacidade de pesca. Operan ao abrigo da ría, sobre todo na de Arousa, e descargan apenas 3 ou 4 caixas de sardiña ou xouba por barco, xunto con algún que outra especie que de casualidade enmalle na rede. Unha cantidade para nada comparable coas que descarga o cerco.
Precisamente por iso, este colectivo pide que se lles distinga desas embarcacións que contabilizan as súas capturas por toneladas e que se lles deixe á marxe da prohibición de pescar sardiña
http://youtu.be/wTwxOxuhHsg