Porto Do Son

CONTINÚAN AS CONCENTRACIÓNS NO CENTRO DE SAÚDE DE PORTO DO SON

Como cada venres dende hai un mes, numerosos veciños de Porto do Son volveron concentrarse nas portas do seu centro de saúde esixindo a presencia dun pediatra e, dende a semana pasada, unha matrona.

A idea desta manifestación é clara, pedir de volta aos facultativos médicos necesarios para cubrir as necesidades tanto de veciños como de visitantes.

Hoxe achegouse ata Porto do Son o secretario xeral do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro, afirmando que para o PP a atención primaria é realmente secundaria.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.