Presentar as opcións comerciais que hai na Pobra do Caramiñal e dalas a coñecer. Estas son parte dos obxectivos que se perseguen dende a Concellería de Promoción Económica para impulsar aos negocios locais. Por iso un verán máis impúlsase unha nova edición de Comercio na Rúa, iniciativa que se desenvolverá do 9 ao 11 de agosto na praza do Emigrante.