Ana Peleteiro xa está en París disposta a loitar polo ouro olímpico en triplo salto. Estrearase mañá nas semifinais ás seis e cuarto no estadio de Saint Denis.
O primeiro obxectivo da ribeirense será meterse na final, que se desputará o sábado ás oito e vinte da tarde.
A baixa por lesión da venezolana Yulimar Rojas fai que Ana Peleteiro se convirta nunha das favoritas a optar polo ouro olímpico, despois de lograr o bronce en Tokio 2021.
sabe que para gañar debe chegar aos 15 metros, unha distancia á que pode optar unha atleta que conta co apoio de Ribeira, Galicia e toda España.