Deportes

O REAL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN PRESENTA A TRIXÉSIMO SEXTA EDICIÓN DA REGATA MAR DE FINISTERRE

A edición número 36 da Regata Mar de Finisterre, que será tamén o décimo trofeo Pitusa Sabín, formará parte do Trofeo Presidente da Xunta de Galicia.

Celebrarase os días 10 e 11 de agosto e contará con entre 25 e 30 embarcacións, sen haber aínda un número exacto.

A primeira proba constará cun percorrido de 40 millas náuicas, uns 74 quilómetros entre Portosín e a ensenada de Finisterre. O domingo celebraranse dous bastóns ao vento, os clásicos barlovento sotavento polo interior da ría Muros Noia.

Dende o Real Club Náutico amósanse encantados de pasar a formar parte do Trofeo Presidente da Xunta de Galicia, algo que eleva a categoría da institución.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.