Esta mañá a Asociación de Empresarios de Ribeira, encabezada polo seu presidente Francisco Martínez, comunicou aos seus socios os avances do colectivo para que o novo polígono sexa unha realidade. Martínez destacou os puntos nos que máis se involucrou de forma directa a entidade.