Abanqueiro recupera unha das súas celebracións máis características, a romaría de Exipto. O programa comeza o venres 2 de agosto coa subida dos santos da Igrexa á Capela. O sábado haberá sesión vermut e diferentes actividades pola tarde, e o domingo, día propio da romaría, celebraranse misas cada hora, romaría tradicional, xogos populares e actuacións para a verbena.
A festa levaba máis dun lustro sen celebrarse e este ano retomouse grazas á veciñanza xoven da zona, que recuperou tamén aos antigos membros da comisión, algo que salientan dende o concello.