Deputación Da Coruña

O DAC-Outono Cultural da Deputación chega este venres a Ribeira coa “Gala da Irmandade”

Esta fin de semana remata a programación posta en marcha polo organismo provincial co obxectivo de achegar as figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María a 18 concellos cabeceira de comarca con máis de 50 representacións teatrais de balde
O DAC_OutonoCultural, o programa de espectáculos que está a desenvolver a Deputación da Coruña para achegar as figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María a un público de todas as idades en 18 concellos da provincia, remata esta fin de semana con varias actuacións, entre as que se encontra a “Gala da Irmandade” que se representará este venres no concello de Ribeira.
Baseándose no ideario e a historia das Irmandades da Fala, a “Gala da Irmandade” quere trasladar á rúa esa marabillosa unión, forza e sinerxía que supuxeron para o país unindo artistas de destaque en diferentes artes e disciplinas até a contemporaneidade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.