PORTO DO SON INICIA UNHA NOVA EDICIÓN DA POPULAR FEIRA CELTA

As rúas de Porto do Son comezan a celebrar a Feira Celta. Dende a apertura do mercado ás cinco da tarde a vila encherase de visitantes e locais que desfrutarán dunha das festas máis coñecidas da contorna.

Un dos atractivos máis grande deste tipo de eventos son os postos da rúa. Esta feira contará con preto de 90 con todo tipo de obxectos e presentes.

Salir de la versión móvil