Icono del sitio CanalBarbanza.com

AS FESTAS DE SANTIAGO DE LAMPÓN REMATARON ONTE COA HABITUAL PROCESIÓN NA HONRA DE SANTIAGO APÓSTOLO

O pasado 20 de xullo arrancaron en Lampón as festas patronais organizadas pola Asociación Lúdica e Cultural de Escarabote. Ese día diversas actividades encheron de vida as rúas da parroquia boirense con diferentes propostas, dende o pregón a cargo de Rogelio Santos á actuación de Xilbarbeira ou á música da orquestra Platinum.
Cartel de YouTube
O domingo foi a segunda xornada de festa con numerosas alternativas pensadas para todos os públicos. O luns continuaron as celebracións e onte remataron as festas de Santiago de Lampón 2024 co tradicional día dedicado ao apóstolo Santiago.

O 25 de xullo comezou coa alborada a cargo do grupo de gaitas Os Salgueiriños para dar paso á misa rezada, que se desenvolveu ás 10.00 horas. Xa ás 13.00 horas foi a quenda da misa solemne na honra de Santiago Apóstolo e posteriormente saíu a procesión.

Decenas de veciños sumáronse á marcha que pasou por diferentes rúas da parroquia co acompañamento do grupo de gaitas Os Salgueiriños. Celebración coa que se puxo o punto e final ás festas patronais de Santiago de Lampón.

Salir de la versión móvil