Icono del sitio CanalBarbanza.com

A CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO REUNIUSE EN ACTEMSA

Unha das empresas referentes en Galicia na importación e exportación a nivel mundial de peixe conxelado e de procesado de túnidos, a pobrense Actemsa, acolleu na tarde de onte o pleno da Cámara de Comercio de Santiago. A entidade aposta pola deslocalización das sesións plenarias para abrir a cámara ao tecido produtivo de toda a demarcación, polo que nesta ocasión coñeceuse máis de preto Actemsa, o seu proxecto e as súas necesidades.
Cartel de YouTube
Este pleno da Cámara de Comercio de Santiago contou coa presenza da súa presidenta, María Pais, e tamén asistiu o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González. O titular do departamento de Emprego destacou a importante función que xoga a entidade representando os intereses dos diferentes sectores.

Salir de la versión móvil