A fortaleza medieval do Pazo de Goiáns comeza as obras para a restauración da capela. Conta cun orzamento de máis de 110 mil euros que servirán para continuar coas reformas na contorna, logo de que xa se restauraran o inmoble principal e a torre.
As actuacións que se están levando a cabo consisten na rehabilitación da cuberta, os muros e as carpinterías, xunto coa instalación de nova iluminación. Polo momento as obras avanzan adecuadamente, e dende o goberno local esperan estean rematadas antes dos dez meses previstos.