Nova fin de semana de remo na que a comarca volveu a estar no epicentro da Liga Galega de Traiñeiras. Rianxo acolleu a proba da Liga A e da Feminina, onde a bandeira en xogo non puido quedar na casa.
A categoría A da Liga Galega de Traiñeiras foi para Ares, que gañou con autoridade e sen rival. Os equipos do Barbanza remataron cunha quinta posición para Rianxo e unha undécima posición para Cabo da Cruz B.
Na liga feminina foi Cesantes quen se fixo coa segunda Bandeira Feminina Concello de Rianxo, quedando en terceira posición Cabo da Cruz e o propio equipo de Rianxo quintas.
Xa fóra de Rianxo, o CR Puebla mantivo a súa segunda praza na Liga B logo de acadar outra segunda posición na XXIX Bandeira Concello de Bueu.