Nova fin de semana de traiñeiras cun gran protagonismo na comarca. Barbanza Arousa será a capital nacional desta disciplina coas regatas que se desenvolverán en Aguiño e Cabo de Cruz, e tamén será o epicentro do remo galego. Rianxo acolle esta nova xornada da Liga Galega de Traiñeiras onde competirán as embarcacións da Liga A e da Liga Feminina.
A LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS FAI PARADA EN RIANXO ESTE SÁBADO


