O concello de Ribeira presentou hoxe a actuación do Coro Airiños da Casa de Galicia en Nova York xunto as Cantareiras de Amas de Casa para o día 25 de xullo, día da patria galega.
A actuación será de balde e a entrada irá por orde de chegada, sendo a apertura de portas media hora antes do inicio.
Esta actuación nace da suxestión da veciñanza a concellería pedindo a este coro no concello. Así, dende Cultura puxéronse a traballar ata conseguir que se fixera realidade.

