A exposición Retratos na Memoria inaugurou hoxe unha mostra de oito obras nos xardíns de Valle Inclán. Poderá verse rematada no mes de novembro.
Os autores son Andrés Beltrán, encargado das obras en pintura, e Paola González, aos mandos da cámara de fotos. Nas súas obras plasman a historia de vida dos usuarios do centro de día de Pobra. Dende a organización amósanse encantados de que dous artistas como eles se presten a facer este tipo de actividades.

