O festival de danza e movemento Abanea chega a Outes un ano máis. Será o 18 de xullo e estará cargado de actividades para todos os públicos.
Constará de dúas partes, unha na que os asistentes poden participar nos obradoiros de danza, e outra na que o público pode desfrutar das diferentes actuacións.