O Goberno local de Ribeira e a Asociación de Empresarios do municipio reuníronse recentemente para afondar nun dos proxectos claves da patronal: o novo polígono industrial. Unha iniciativa na que o colectivo leva traballando anos e que encara a súa parte final. O seu presidente, Francisco Martínez, afirma que tan só falta o financiamento para comezar os traballos.