Lara Iglesias Suárez será internacional un ano máis coa selección española. Nesta ocasión chega ao europeo no seu mellor momento, días despois de lograr o título de campioa de España en lanzamento de xavelina co seu mellor rexistro persoal.
Con isto logra a clasificación ao Campionato Europeo sub 18, que se celebrará entre os días 18 e 21 de xullo en Banska Bystrica, Eslovaquia. Chega así como unha das aspirantes a loitar polos postos de honra na final.