A Casa Da Cultura De Lousame Acollerá Este Venres Un Concerto De Música Clásica A Cargo Da Pianista E Directora Ludmila Orlova

O salón de actos da Casa da Cultura de Lousame acollerá este venres 3 de outubro, ás 20:00 horas, un concerto de música clásica a cargo de Ludmila Orlova Dmitrieva, pianista da Orquestra Sinfónica de Galicia e directora do Coro de Cámara Madrigalia. Un concerto de asistencia libre e de balde organizado pola Concellería de Cultura e Xuventude de Lousame en colaboración coa Deputación da Coruña.

Ludmila Orlova presentará o seu espectáculo “Lembranzas soviéticas”, unha recompilación de pezas clásicas da súa Rusia natal. Orlova é pianista, organista e musicóloga graduada no Conservatorio Superior de San Petersburgo con medalla de ouro. Desenvolveu unha importante carreira no seu país, onde traballou dez anos instruíndo os futuros directores de coro. Dende a súa chegada a España no 1992, Orlova ten desempeñado unha intensa actividade como organista, concertista de piano e pianista acompañante para solistas, sendo pianista habitual da Orquestra Sinfónica de Galicia e codirectora do Coro de Cámara Madrigalia.

http://youtu.be/sDjdVYZ0SFo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.