Galicia pechou o mes de novembro con 21.604 persoas menos en situación de desemprego, o que supón un descenso do 9,60% con respecto a hai un ano, case un punto máis que a media do Estado. A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado salientando que é o maior descenso producido nun mes de novembro desde hai 18 anos en termos porcentuais.
En palabras de Toca, por cuarto ano consecutivo logra reducirse o número de persoas sen emprego nun mes de novembro, datos que sitúan á Comunidade galega en niveis inferiores aos de hai 7 anos.
O paro baixa en novembro nun 9,6% en GALICIA, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos
Please login to join discussion