Avances para nova selectividade

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e representantes da Comisión Interuniversitaria Galega (CIUG) e das tres universidades, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo para avanzar na coordinación da proba final de bacharelato que substitúe ás actuais PAAU (coñecidas como “selectividade”), e que en Galicia se encargará de organizar a CIUG como o viña facendo ata o de agora.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou que o obxectivo desta xuntanza foi informar dos acordos acadados na Conferencia Sectorial de Educación que tivo lugar o pasado luns en Madrid, e deseñar unha liña de traballo conxunta e cooperativa co organismo interuniversitario de Galicia e coas universitarias para “concretar” todos aqueles matices pendentes para a execución da proba.

https://www.youtube.com/watch?v=j0qk0RyLP58

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.