Novo impulso da Deputación da Coruña ao audiovisual da provincia. O ente presidido por Valentín González Formoso financiará con 244.647 euros a actividade do Clúster Audiovisual Galego para consolidar á provincia e a Galicia como referencia nacional e internacional no sector. O convenio de colaboración entre ambas entidades foi firmado por González Formoso e o presidente do Clúster, Alfonso Blanco.