Icono del sitio CanalBarbanza.com

RUEDA DESTACOU QUE GALICIA É PIONEIRA EN MEDIDAS PARA PROMOVER O RETORNO DA COLECTIVIDADE NO EXTERIOR

Esta mañá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acudiu xunto ao conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, á reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. Durante o acto, que se celebrou na Secretaría Xeral de Emigración, en Santiago, o titular do Goberno galego afirmou que a comunidade é pioneira en medidas para promover o retorno da colectividade no exterior. Polo que recordou unha das liñas nas que traballa o executivo, a estratexia Retorna.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil