O pasado mes de abril o Boletín Oficial do Estado publicou un real decreto que modificaba a normativa en materia de inspección e mantemento de ascensores. Texto que entra en vigor o vindeiro 1 de xullo e que obriga a aplicar melloras a moitos elevadores. Os aparellos deberán pasar unha revisión por parte dun experto para confirmar que os sistemas de seguridade estean en bo estado e que todo funcione correctamente.
PRETO DE 5.000 ASCENSORES PODERÍAN QUEDAR PARALIZADOS EN GALICIA A PARTIR DO 1 DE XULLO


