O período estival xa deu comezo e o Concello da Pobra do Caramiñal contará con diferentes iniciativas para que todo o mundo que pase polo municipio poida coñecelo. A Concellería de Turismo convida a explorar todos os recunchos pobrenses, dende a terra ata o mar, experimentando e coñecendo todos os recursos naturais e patrimoniais. Por iso lanzan a campaña A Pobra do Caramiñal: vive a experiencia.
AXENDA TURÍSTICA CARGADA DE ACTIVIDADES NA POBRA


