O vindeiro 28 de xuño conmemórase o Día Internacional do Orgullo LGBTI e o concello de Ribeira contará cunha programación especial para celebrar esta data. Haberá diferentes actividades coas que se quere reivindicar e dar visibilidade ás persoas que forman parte do colectivo a través da campaña denominada “Ribeira con orgullo”. O propio día 28 abrirase a xornada co acto institucional que dará comezo ás 12.00 horas no Lustres Rivas.