A praza de España de Ribeira foi o escenario onde se desenvolveron partidos da Copa 5×5 Deputación da Coruña de Balonmán. Con este torneo de balonmán na rúa, o ente provincial busca levar este deporte a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos, para que o coñezan dunha forma lúdica e divertida.