O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Junta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, visitaron na tarde de onte a cripta da catedral de Santiago. Primeira parada do seu itinerario xa que logo asistiron á inauguración da exposición “Las Edades el Hombre. Hospitalitas”, no Monasterio de San Martiño Pinario. Nese escenario Rueda reafirmou o compromiso da Xunta coa conservación do patrimonio como un elemento dinamizador cultural, social e económico que forma parte da historia e da identidade da comunidade.

