O fútbol feminino é unha disciplina deportiva que está a coller moita forza a nivel nacional e internacional. Futbolistas españolas como Aitana Bonmatí e Alexia Putellas son referentes das novas xogadoras que teñen neste deporte a súa paixón. Ribeira conta cunha destacada canteira de futbolistas e na tarde de onte Laura Santos, Yaíza García, Lucía Mariño e Uxía Sampedro recibiron as becas deportivas do concello ribeirense pola súa traxectoria ata o de agora.